viernes, 26 de febrero de 2010

Aló Ven...



Pois o que vedes o Oeste das Islas Canarias, e unha tormenta que vense formando dende fai varios días días, e que comenzou no sur de Madeira.
Mañá, supostamente, rozará Galicia.
Os seus efectos variarán moito segundo a sua evolución. Ousexa, pode pasar mais cerca ou por enrriba de nos. Algo ao que xa estamos acostumados.
Aran e Lolo quedarán na casa de Luis e Bego, e o meu irmán xa ven pra miña a pasar a noite.
O ano pasado o Klaus, destrozounos o tellado, facendo que entrara a auga na casa. Algo que dixeron que iban a axudar a reparar os políticos, e que nós, tras facer os papeis pertinentes, ainda esperamos.... ja ja ja....
Hoxe, acabo de despedirme dunha árbore a que lle teño moita estima. Penso que non vai aguantar erguida este vendaval.
E un abeto, e leva tantos anos prantado coma a casa construida. Evidentemente foi un árbore glamouroso, coas suas bolas de cores, espumillós e avós tripudos e barbudos colgando.... foi a última árbore natural de nadal que tivemos na casa dos meus pais. Hoxe, e un monumento a dignidade dos bosques.
Escribo dende a cociña mirando pra ela, e penso que detrás ten unha paisaxe bonita dabondo pra facerme olvidar a sua figura. En caso de que mañá, levante o día e a miña árbore de aquel nadal, sigua tumbada e non se ergua mais.
O vento comenza a zoar xa. Pero os galegos, sabenmos que nunca choveu, que non escampara. Así que aquí estamos: A VELAS VIR!!
Alegrome de que Aran estea ben en Ferrol co cativo. O ano pasado mentres o Klaus destrozabanos o tellado, o que peor levei foron as suas bágoas mentres faciamos a cena, e oíamos voar a uralita...... -La casiña.- recordo que dicía entre sollozos.