martes, 13 de mayo de 2008

Un Día


Mais tarde, cando o Sol descanse no lado escuro, buscarei a maneira de erguerme, e buscar un lugar a onde ir. E ti, virás comigo.
Coma tantas outras veces, fuximos. E farémolo correndo, da man, alborotados e ríndonos de eles. Eses que rompen a nosa paz e observan dende as fiestras a nosa tranquila vida.
E chegará un tempo no que as mañás sexan doces coma nísperos, e as tardes soen melancólicas e dean paso a lúas amarelas, e noites de pupilas estreladas.
E na praia, deitados, deixaremos de soñar co paraíso, e abrazados xogaremos coas ondas.