Fai xa doce anos que chegou a nosa tenda(Kingmatt e mais eu tiñamos unha Tenda De Surf), un elemento greñudo, vaqueiros cortados polo muslo e camisa a cadros. Un home-neno, con ideas inverosímiles sobre o surf e as súas variantes. E sobre as mulleres e as súas....... cousas. Dende querer cambiarlle as pranchas de abaixo aos corchos(bodyboards), por unha dun modelo distinto. Ata colocarlle bombonas para facerlles mais roker. As súas tablas, planas e con todo o roker na punta: "babuchas". A súa onda preferida: Grande e cerrona! -Ajaaaaaaaa..... O seu método para limpar o cabezal do aparato de música do coche: metelo nun caldeiro con auga e xabón e colgalo no tendal a secar..... Cando estropeou a ventá da porta do coche, e nin baixaba nin subía: -Pois doulle parafa e pego as maos e a baixo.........E así facía. Co Ginsu abría as latas e comía o atún. Pintaba os tambores de freo do coche e logo, para secalos, íase dar unha volta nel..... Os que viñan detrá gustaballes moito o efecto lunar que lles deixaba a pintura no capó......
Era membro dun clan salvaxe e temible, do que formaban parte: Walter, Suso e o gran Aleixo. Este último encontrase surfando e bebendo nas praias solitarias dos sonos verdadeiros.
Berde era o rei da noite e do día, o señor de Peizás, O amo de San Martiño e o amigo ao que todo o mundo chama cando as cousas non van ben. È o campión galego de surf de todos os tempos. O azote das burelesas, Mr. polito.......
Como todos os raros asociais e humildes, agocha un corazón tan nobre coma a súa mirada, e unha autenticidade autóctona e increvantable. A súa dignidade estará sempre a salvo, mentres non grite: -Chuminos espesosssssssssss....... no medio dalgunha praia do noso litoral.
Moito debería de escribir sobre Berdeal, pero sen unha cervexa e KinMatt polo medio, non me atrevo a continuar.
Dez anos despois do último baño xuntos, o venres chamoume e surfeamos Esquinita's. Mal vento, sen ondas e na peor marea. De todas as maneiras, foi un pracer. Espero repetilo pronto, e xunto a Suso, Walter e KingMatt.
Un saúdo Campeón De Surf De Todos Os Tempos Dos Barrotes Infernais.